Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Xavier Dolan, cineasta comprometido

 



O canadense Xavier Dolan, posiblemente un dos mellores cineastas da actualidade, regálanos esta marabilla de videoclip coa que algúns alumnos de moitos colexios sentirán unha certa identificación.





Do mesmo realizador non vos perder esta outra xenialidade https://es.wikipedia.org/wiki/Mommy_(película_de_2014) 

Recomendamos película: La ola

Die Welle, La Ola, é un filme alemán realizado no 2008.
A película está dirixida por Dennis Gansel.
Data da estrea: 28 de novembro de 2008 (España)
Duración: 108
Elenco: Dennis Gansel, Frederick Lau, Max Riemelt, Jürgen Vogel ...
Para máis información visitar esta páxina.´
A pelicula constata os perigos que hai detrás da capacidade de fascinación dun líder carismático, neste caso un profesor. Unha capacidade de fascinación que pode transformar en infame ditadura ata a máis probada das democracias. 
Inspírase nos sucesos que tiveron lugar no 67 en Palo Alto (California), cando o profesor de historia Ron Jones emprendeu o proxecto "A terceira ola", co que pretendía mostrar ao seu alumnado os perigos reais da autocracia. 
Tras cinco días de experimento, Jones viuse obrigado a interrumpir o proxecto, xa que o resultado foi unha verdadeira ola de fascismo na súa aula. 
Quince anos máis tarde, o escritor Todd Strasser escribiu unha novela baseada nestes feitos, que titulou "A ola", e na que se baseou Dennis Gansel para a súa película. 
Tivo un gran éxito e foi presentada en varios festivais, entre eles o de Sundance.