xoves, 23 de xaneiro de 2020

Recomendamos película: La ola

Die Welle, La Ola, é un filme alemán realizado no 2008.
A película está dirixida por Dennis Gansel.
Data da estrea: 28 de novembro de 2008 (España)
Duración: 108
Elenco: Dennis Gansel, Frederick Lau, Max Riemelt, Jürgen Vogel ...
Para máis información visitar esta páxina
A pelicula constata os perigos que hai detrás da capacidade de fascinación dun líder carismático, neste caso un profesor. Unha capacidade de fascinación que pode transformar en infame ditadura ata a máis probada das democracias. 
Inspírase nos sucesos que tiveron lugar no 67 en Palo Alto (California), cando o profesor de historia Ron Jones emprendeu o proxecto "A terceira ola", co que pretendía mostrar ao seu alumnado os perigos reais da autocracia. 
Tras cinco días de experimento, Jones viuse obrigado a interrumpir o proxecto, xa que o resultado foi unha verdadeira ola de fascismo na súa aula. 
Quince anos máis tarde, o escritor Todd Strasser escribiu unha novela baseada nestes feitos, que titulou "A ola", e na que se baseou Dennis Gansel para a súa película. 
Tivo un gran éxito e foi presentada en varios festivais, entre eles o de Sundance. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario