Recentemente lemos no Club de Lectura de Ribeira un interesante libro que vos queremos recomendar.
Trátase de "Una educación", da escritora estadounidense Tara Westover.
Esta novela autobiográfica explícanos como incluso partindo dun contexto familiar adverso, unha persoa pode superarse e chegar a acadar uns obxectivos que poderían parecer inalcanzables dada a súa situación de partida.
A novela, que tivo un enorme éxito tanto nos Estados Unidos como en Europa, supuxo o lanzamento á fama da súa autora.

Estame gustando moito. Grazas pola recomendación.
ResponderEliminar