luns, 10 de febreiro de 2020

Ada Lovelace e as pioneiras informáticas

Ada Lovelace Byron considerase a primeira programadora ao crear o primeiro algoritmo da historia. 
Colaborou con Charles Babbage, o cal inventou a máquina diferencial e a máquina analítica. Escribiu un programa para a máquina analítica de Babbage. 

Joan Clarke: foi unha criptoanalista inglesa é e coñecida polo seu traballo como descifradora de códigos en Bletchley Park durante a Segunda Guerra Mundial. Participou no proxecto Enigma (Alan Turing) que descifrou as comunicacións secretas da Alemania nazi, sendo nomeada por iso membro da Orde do Imperio Británico. 

En EEUU traballaron 80 mulleres, financiadas polo exército, calculando traxectorias balísticas. Foron chamadas as “computers”. 
En 1945, o exército de EEUU financiou un proxecto experimental: a primeira computadora dixital totalmente electrónica, o ENIAC. 
  • Betty Snyder Holberton: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Kathleen Antonelli: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. Traballou no deseño de software de computadoras posteriores: BINAC e UNIVAC I. 
  • Frances Bilas Spence: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Marlyn Wescoff Meltzer: traballou en cálculos climáticos e traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Ruth Lichterman Teitelbaum: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Jean Jennigs Bartik: traballa coa máquina ENIAC e no cálculo de traxectorias balísticas. Proseguiu coas máquinas BINAC e UNIVAC. 
Outras mulleres importantes: 
  • Grace M. Hopper: traballou como programadora no desenvolvemento do Mark I, BINAC e UNIVAC. Creou o primeiro compilador da historia, o A-0, precursor do COBOL. 
  • Hedy Lamarr: foi actriz, inventora e enxeñeira. Inventou un sistema polo cal os torpedos guiados por radio non podían ser inteferidos polo inimigo. Esta tecnoloxía é usada hoxe en día na telefonía móbil e nas comunicacións inarámicas. 
  • Ann Zeilinger Caracristi 
  • Evelyn Berezin: desenvolveu o primeiro sistema de reservas de billetes de liñas aéreas. En 1953, creou o primeiro ordenador de oficina. En 1968, creou o primeiro procesador de texto. 
  • Dorothy J. Vaughan: primeira supervisora e mánager afroamericana da NASA. 
  • Margaret Hamilton: traballa no equipo que desenvolve unha parte do software que facía funcionar o módulo de mando e o módulo lunar do Apolo XI. 
  • Annie J. Easley 
  • Christine Darden 
  • Evelyn Boyd Granville 
  • Marjorie Lee Browne: pioneira da introducción da informática no ensino. 
  • Frances Elizabeth Allen 
JPEG - 79.5 KBFontes: ponencia (en youtube)                
        Amelia Verdejo Rodríguez 
        Santiago, 10 de febreiro de 2020 

Ningún comentario:

Publicar un comentario