sábado, 22 de febreiro de 2020

Vinte seis titulados da USC en 2019 recolleron os seus premios Fin de Carreira

pastedGraphic.png
Os tres reitores, o presidente da Xunta, a conselleira de Educación e o secretario xeral de Universidades posan co alumnado premiado. FOTO: Santi Alvite


Este galardóns recoñecen as mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia

Venres, 21 de febreiro de 2020

Os 26 titulados da USC en 2019 recoñecidos cos premios Fin de Carreira da Xunta de Galicia recolleron este venres en San Caetano o seu recoñecemento nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, e ao que tamén asistiu o reitor da USC, Antonio López, xunto cos reitores da UDC e da UVigo. No acto tamén tomou parte a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. 

Con este galardóns a Consellería de Educación recoñece as mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia. Cada un dos galardoados acada un premio de ata un máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo, o que supón un recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.

Estes premios están dirixidos ao alumnado universitario que cursase de forma íntegra os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades galegas, e que teña acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8'5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7'5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.


Pola USC foron premiados 
Lara María Quiñoa Piñeiro de Administración e Dirección de Empresas, 
Cristina Rodríguez Varela de Bioloxía, 
Celtia Buján Pazos de Comunicación Audiovisual, 
Lidia Gil Otero de Dereito, 
Cristina Cambeses Franco de Enxeñaría Química, 
Aldana Sabrina Colman Rucco de Filosofía, 
Carmen Jorge Díaz de Física, 
Sandra Piñeiro Pedreira de Historia, 
Sara Moure López de Historia da Arte, 
Noa García Garrido de Lingua e Literatura Españolas, 
Irma Silva Hervella de Lingua e Literatura Galegas, 
Sara Rodríguez Espiñeira de Lingua e Literatura Modernas, 
Andrea Falcón Leal de Matemáticas, 
Cecilia Buján  Bonino de Medicina 
María Martínez Blanco de Mestre en Educación Primaria,
Fátima Lousada Fernández de Odontoloxía, 
Marta Davila Fernández de Psicoloxía, 
Noa Varela Domínguez de Química, 
Cynthia López Novo de Veterinaria, 
Alejandro Rodríguez Rey de Relacións Laborais e Recursos Humanos, 
Roberto Vila Lage de Xeografía e Ordenación do Territorio
Mauro Bastón Piñeiro de Xornalismo. 
Daniel Gómez Costas de Farmacia,
Carlos Soutullo Castiñeiras de Medicina 
José Manuel Busto Leis de Medicina 
Rubén Iglesias Seoane de Mestre en Educación Primaria,


luns, 10 de febreiro de 2020

Ada Lovelace e as pioneiras informáticas

Ada Lovelace Byron considerase a primeira programadora ao crear o primeiro algoritmo da historia. 
Colaborou con Charles Babbage, o cal inventou a máquina diferencial e a máquina analítica. Escribiu un programa para a máquina analítica de Babbage. 

Joan Clarke: foi unha criptoanalista inglesa é e coñecida polo seu traballo como descifradora de códigos en Bletchley Park durante a Segunda Guerra Mundial. Participou no proxecto Enigma (Alan Turing) que descifrou as comunicacións secretas da Alemania nazi, sendo nomeada por iso membro da Orde do Imperio Británico. 

En EEUU traballaron 80 mulleres, financiadas polo exército, calculando traxectorias balísticas. Foron chamadas as “computers”. 
En 1945, o exército de EEUU financiou un proxecto experimental: a primeira computadora dixital totalmente electrónica, o ENIAC. 
  • Betty Snyder Holberton: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Kathleen Antonelli: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. Traballou no deseño de software de computadoras posteriores: BINAC e UNIVAC I. 
  • Frances Bilas Spence: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Marlyn Wescoff Meltzer: traballou en cálculos climáticos e traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Ruth Lichterman Teitelbaum: traballou no cálculo de traxectorias balísticas. Formou parte do equipo de programadoras do ENIAC. 
  • Jean Jennigs Bartik: traballa coa máquina ENIAC e no cálculo de traxectorias balísticas. Proseguiu coas máquinas BINAC e UNIVAC. 
Outras mulleres importantes: 
  • Grace M. Hopper: traballou como programadora no desenvolvemento do Mark I, BINAC e UNIVAC. Creou o primeiro compilador da historia, o A-0, precursor do COBOL. 
  • Hedy Lamarr: foi actriz, inventora e enxeñeira. Inventou un sistema polo cal os torpedos guiados por radio non podían ser inteferidos polo inimigo. Esta tecnoloxía é usada hoxe en día na telefonía móbil e nas comunicacións inarámicas. 
  • Ann Zeilinger Caracristi 
  • Evelyn Berezin: desenvolveu o primeiro sistema de reservas de billetes de liñas aéreas. En 1953, creou o primeiro ordenador de oficina. En 1968, creou o primeiro procesador de texto. 
  • Dorothy J. Vaughan: primeira supervisora e mánager afroamericana da NASA. 
  • Margaret Hamilton: traballa no equipo que desenvolve unha parte do software que facía funcionar o módulo de mando e o módulo lunar do Apolo XI. 
  • Annie J. Easley 
  • Christine Darden 
  • Evelyn Boyd Granville 
  • Marjorie Lee Browne: pioneira da introducción da informática no ensino. 
  • Frances Elizabeth Allen 
JPEG - 79.5 KBFontes: ponencia (en youtube)                
        Amelia Verdejo Rodríguez 
        Santiago, 10 de febreiro de 2020